Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-465
Clasificación Genérica Obxectos de Arte; Escultura; Estruturas, edificios e as súas partes
Objeto/Documento Escultura
Autor/a Taller galego
Título Castigo da luxuria
Materia/Soporte Granito
Técnica Baixorrelevo
Labra
Dimensiones Longo = 29 cm; Altura = 58 cm; Anchura = 22,50 cm
Descripción Bloque granítico que contén unha repersentación en baixorrelevo dos castigos da luxuria. Aparece a parte superior do corpo dunha muller cos brazos cruzados por entre os peitos, estes moi marcados, mentres unha serpe que ven por detrás parece querer morderlle o esquerdo. Da escultura falta a cabeza e a parte inferior do bloque granítico non está traballada. A representación está executada con pouca habelencia. No reverso presenta unha fendedura en forma de Y seguramente para asegurar a suxeición da peza á estructura correspondente do edificio.
Iconografia Luxuria
Datación 1201=1300 (S. XIII)
Contexto Cultural/Estilo Idade Media [Románico]
Lugar de Producción/Ceca Brión (Santiago (comarca)) (Santiago (comarca), Coruña (A) (p))
Uso/función Esculturas usadas nos edificios eclesiales da Idade Media para a ensinanza das virtudes e os vicios en relación cos seus correspondentes castigos.
Descriptores Geográficos Brión (Santiago (comarca))
Lugar de Procedencia Bastavales (San Xulián)
Lugar Específico/Yacimiento Capela de Santa Cecía
Historia del Objeto <EXPOSICIÓNS>: Un museo en crecemento. Adquisicións 1996-2001 Museo das Peregrinacións e de Santiago. 17 de decembro de 2001 ao 5 de maio de 2002.
Clasificación Razonada O castigo dos luxuriosos era unha representacións moi comúns na Idade Media. O escultor que tallou esta peza seguramente que coñecía os modelos composteláns conservados no arco meridional do Pórtico da Gloria e que houbo igualmente na destruída fachada Ocidental, posiblemente tamén no arco sur. No museo da catedral compostelá consérvanse dúas arquivoltas moi ilustrativas que recollen este tema, unha relativa ao castigo da luxuria masculina e a outra ao castigo da luxuria feminina. Esta última puidera ter servido de modelo para o artesán que tallaría, dun xeito tan rudimentario, a peza da capela de Santa Cecía.
A muller veuse asimilando ao longo da antigüidade co pecado, coa impureza. A luxuria era un vicio que se consideraba fonte de todos os males e a maneira máis habitual de representala era a través da muller que aparecía castigada polo seu pecado.
Bibliografía FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, Begoña. Baixorrelevo [Granito tallado, Último cuarto s. XII - primeiro cuarto s. XIII]. Un museo en crecemento: Museo das Peregrinacións, adquisicións 1996-2001: exposición conmemorativa do 50 aniversario da creación do museo, coordinación Mª Isabel Pesquera Vaquero. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, 2001. pp. 252-255.

GONZÁLEZ PÉREZ, Clodio. Brión: historia, economía, cultura e arte. Noia (comarca): Toxosoutos, 1998. pp. 58-59, 269-275.

GONZÁLEZ PÉREZ, Clodio. Martín de Xinzo. Urdilde (Santa María): 1998.
Forma de Ingreso Depósito por achado casual
Fecha de Ingreso 21/06/2001
Catalogación Domínguez Pallas, Desirée; Pérez Outeiriño, Bieito
| más imágenes |
 
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6